Hai 30 anos a estrada que pasa preto da miña casa tiña árbores nas súas marxes, eran plátanos de sombra. Cortáronos para ampliar a estrada; a modernidade non collía por unha vía tan estreita. Hoxe, aínda que me lembre que había esas árbores que adornaban o camiño, cando paso por ela teño a sensación de que nunca estiveron alí, que a estrada sempre estivo espida.
Señor, acúsome ante Vostede e o seu baixo tribunal, de non ter aspirado a ser outra cousa que un home honesto e honrado que non pretendeu roubarlle aos outros nin á administración, da que eses outros tamen forman parte, nin unha cadela; nin tan siquera a través deses complementos indignos cos que, legal e interesadamente, pretende comprarse o noso favor, complicidade e silencio favorecendo, de paso, aos nosos egos e estómagos; somente un primeiro paso na escada na indignidade colectiva.
O nacionalismo non pode desentenderse primeiramente de dar, esta si, a derradeira batalla sobre a galeguidade e a orientación publica de NGB, en segundo lugar analizar novas alternativas a fin de garantir que Galiza conte con ferramentas financeiras de seu e por último debuxar o novo cenario que se abre para as PEMES, os autónomos e o tecido produtivo de Galiza coa desaparición do instrumento financeiro co que máis vínculos mantiñan.
Mais de 110.000 galegos e galegas levan mais dun ano sen traballar. Os traballadores e traballadoras volven facer as malas para buscar a vida no estranxeiro, temos unha taxa de paro desproporcionada, cerca da metade dos mozos e mozas menores de trinta anos non atopan traballo e moitos até nen o buscan xa, de pura desesperanza, e os gobernantes nos colocan unha reforma flexible e innovadora, con "minijobs", teletraballo e cheque-formación como panacea para qué? Para seguir tendo que cambiar de traballo, e de vida, cada 6 meses? Para non poder facer unha carreira profesional? Para seguir sen atopar un posto de traballo digno na terra?
A falacia do economicismo non deixa indiferente a ninguén. Libros como o que aquí estamos a comentar de Carlos Mella son os que se precisan para cambiar a mentalidade das persoas que teñen no cumio dos seus valores a rendibilidade, a competitividade e o lucro ou a mentalidade dos que aínda non se decataron de que o sistema económico capitalista está na etapa final da súa decadencia, por moi poderoso que hoxe sexa o poder financeiro.
Em caso de um ataque contra alvos nucleares do Irão o preço de um barril de petróleo pode chegar a 300 dólares
Reclaman a aplicación do Convenio Único e a consolidación dos postos de traballo
Milleiros de persoas mantéñense nas rúas hoxe mércores para manifestarse en contra da queima de exemplares do Corán
No documento faise un repaso crítico sobre os aspectos máis negativos da nova normativa que promove o PP
Critica que se vaian a perder 150 postos de traballo cando existe unha oferta polas plantas de Ribadumia e Vilaxoán
Hala Misrati, a mais conhecida apresentadora de televisão da Líbia e defensora do governo de Muamar Kadafi
Miranda e Lobeira trasladaron á Federación Galega de Confrarías as propostas que o BNG defenderá no Parlamento Europeo
Ante as agresións policiais, violentas e desproporcionadas dos últimos días contra o conxunto do estudantado
O PP negouse a transaccionar un acordo co portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera
Irã e Síria consolidarão suas relações estratégicas e acordos em momentos cruciais para ambos os países
Censurou a inclusión do territorio do Sáhara Occidental no acordo agrícola entre a Unión Europea e Marrocos
Convocan CIG, UGT, CCOO, CSI-F, FEP-USO, SATSE, SAE, CGT e STAJ
20-02-2012
O importante é reflexionarmos, neste caso, sobre a discriminación e a desigualdade que pesan sobre a muller. Non se trata de incorrer nun fácil vitimismo, senón de abrir un futuro, porque a dereita e os sectores máis reaccionarios da sociedade prefírennos na caverna, na caverna do fogar: caladas, co biscoito preparado para os fillos, co sorriso na faciana agardando polo noso marido despois da nosa xornada de traballo invisíbel e non remunerado.
19-02-2012
Levamos moitos meses vendo como cada día se nos aperta máis o cinto coa escusa da crise, escúdanse baixo esa situación para así facer recortes e poñer en práctica políticas destrutivas non so co noso sistema de benestar senón tamén contra o noso país. Políticas vencelladas as ideas máis radicais da ultradereita e caciquís onde practican o de que o pobo esta para servirlos e eles están para mandar e gozar da carne mentres ao pobo nin os osos lles reservan.
21-02-2012
No próximo venres, día 24 de Febreiro de 2012, celebraremos unha efeméride ben especial: o 175 aniversario do nacemento da nosa escritora fundacional, Rosalía de Castro. Con tal motivo, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) pon a andar unha iniciativa louvábel: pór de moda, instaurar o costume de, en tal data, agasallar(nos) unha fror e mais un libro en galego.
20-02-2012
As linguas tamén posúen unha dimensión histórica ao acompañaren no vagoroso camiño dos séculos as comunidades que as falan. O pobo galego non se podería chamar galego se non tivese como lingua propia, durante máis de mil anos, o idioma de idéntico nome. Así pois, este artigo oriéntase nomeadamente cara á situación da lingua na época medieval, aínda que non se vai centrar en tal posibilidade histórica por unha redución do idioma ao arqueoloxismo fácil nin por unha conceptualización do que en tempos foi normal para a Galiza entendido agora só como elemento pretérito.
21-02-2012
O plano consistia em que a troco das ajudas para a reestruturação da dívida, o governos de estados como o de Grécia, Portugal e Espanha teriam de aceitar a perda da pouca soberania que ainda lhes restava. Criar-se-ia um diretório com amplos poderes, com base em Berlim, com o objectivo de governar amplos aspetos das suas economias e políticas orçamentais, o que requeria restrições de soberania.
18-02-2012
O débil tecido industrial galego está sendo afectado negativamente pola crise económica mas também polas decisons políticas adoptadas a distintos níveis, UE, administraçom central e governo feijooniano. Um dos sectores mais relevantes, a construçom naval, exemplifica perfectamente esta sinergia em contra dos interesses galegos.
19-02-2012
As próximas eleccións de outubro de 2012, meses despois da morte de Chávez segundo a prensa española, só gardan o segredo de por canto gañará Chávez a esta pequena «esperanza branca». Non é a primeira vez que Capriles se enfronta a Chávez.
16-02-2012
Eles, coas súas mentiras e medias verdades, utilizando o odio e a rabia unhas veces e adxectivos despectivos noutras, crean falsas alarmas sociais para apuntalar este sistema mafioso onde os dereitos das persoas están por debaixo dos intereses dos mercados. Os que non pensamos coma os que lles ditan o que teñen que dicir ou escribir non somos "politicamente correctos" e non entramos dentro da súa estreita faixa "democrática".
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#bautistaalvarez#code#org