01:34 Xoves, 23 de Febreiro de 2012
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

Os labregos galegos diante da loita de liberación nacional


Este libro de Ramón Muñiz de las Cuevas, baixo o seudónimo de Xosé Fernández Roupar, está escrito no ano 1979 e prologado polo crego de Sésamo ou o crego das Encrobas, Moncho Valcárcel. Ten o grande mérito de ser feito por quen estivo eses anos levando a responsabilidade política diante do nacionalismo da orientación colectiva destas loitas e da ideoloxización dos e das afectados.

O libro, de 195 páxinas, recolle o período que vai desde a fundación das Comisóns Labregas, no ano de 1973, até principios de 1978.

Descargar

Castelao e os bascos, 1886-2011


Edición en lingua galega do título orixinal en español: Castelao y los vascos. Escolma de textos feita por Iñaki Anasagasti Olabeaga.
Idatz Ekintza, Bilbo, 1985.

O presente volume, cadrando co 125 aniversario do nacemento de Castelao, está editado pola Fundación Moncho Reboiras para o estudo da cuestión social e sindical en Galiza ( www.fesga.org )  e pola CIG-Migración. A tradución para o galego é de Xurxo Martiz Crespo. Xosé Estevez fixo o limiar deste espectacular libro de 655 páxinas.

O libro pódese descargar directamente (11,8 megas) ou visualizalo en pantalla clicando aquí: [Visor en pdf]

Descargar

Problemática das línguas sen normalizar. Situación do Galego e alternativas


Editado por Xistral o 15 de marzo de 1980, véspera da celebración da marcha sobre o Foxo (A Estrada) baixo o lema "Polo uso irrenunciábel do noso idioma, contra o decreto de bilingüismo". O libro foi promovido pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e os textos dos artigos pertencen a estes autores e autoras:

- LLuis V. Aracil
- María Pilar García Negro
- Francisco Rodriguez
- Pilar Vázquez Cuesta
- Ricardo Carvalho Calero
 

Descargar

ERGA, un lume que prendeu


Libro editado polos Comités Abertos de Faculdade (CAF) no ano 1997, cando se cumpría o 25 aniversario da constitución de ERGA (Estudantes Revolucionarios Galegos). O libro, de 110 páxinas, está conformado por 18 artigos e unha introdución. Foi editado coa colaboración do BNG, CAE, CIG, Galiza Nova e SLG.

Os textos veñen asinados por persoas que formaron parte de ERGA nalgún momento ao longo dos seus 16 anos de activismo: Manuel Mera, Alfredo S. Canal, Xulio Ríos, Xosé Salvadores, Xesús Seixo, Manuel Vázquez, Xosé Manuel Albán, Xosé Manuel Sarille, Xan Carballa, Manuel Da Cal, José Manuel Alonso, María Rosario Regueira, Xaquín F. Leiceaga, Néstor Rego, Francisco Jorquera, Manuel Rei, Duarte Correa, Manuel Antelo e Bieito Lobeira.

Descargar

La insumisión gallega. Mártires y rebeldes


Recollemos aquí o libro publicado por Emilio González López na editorial Citania en 1963, en Bos Aires. O libro, de 408 páxinas, leva por subtítulo: GALICIA Y PORTUGAL en la Baja Edad Media (siglos XIV y XV).

Recollemos agora unha escolma do índice temático:
- Alzamiento del Adelantado de Galicia, Fernando Rodríguez de Castro.
- Don Pedro Fernández de Castro y el Partido Portugués en la Corte de Castilla.
- Galicia entre Castilla y Portugal. De Inés de Castro al Conde de Andeiro.
- El Condado de Trastamara y el movimiento gallego.
- La cultura. La literatura. Agonía de la lírica gallega.
- Galicia y la unión con Portugal.
- Andeiro reconstruye la alianza Luso-británica.
- Andeiro, Conde de Ourem, y Álvaro Pérez de Castro, Condestable de Portugal.

Descargar

Problemática nacional e colonialismo. O caso galego


Libro editado en 1978 por "Edicións Xistral". É da autoría de Francisco Rodríguez e Ramón López-Suevos.

Damos conta de varios dos seus epígrafes que poderás atopar nas 134 páxinas que ten este traballo:
- Problemas teóricos do nacionalismo: Nación e clases sociais; O dereito de autodeterminación;...
- O fenómeno colonial no mundo: A formación dos Estados modernos europeos; O imperialismo europeo e as colonias de ultramar; o neocolonialismo;...
- O problema galego: A caracterización nacional de Galiza; A opresión nacional en Galiza;...

Descargar
1 2  < anterior

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#bautistaalvarez#code#org