Non descubro nada cando afirmo que o PP é un partido confesional e que sempre se deixou guiar polas doutrinas ditadas pola mitra e o báculo, e iso sabémolo ben no noso país. Un claro exemplo dese papel da igrexa témolo na súa intervención en todo o ritual e boato dos funerais de Manuel Fraga, a quen o Partido Popular, coa conivencia silenciosa, quere converter nun prócer digno seica dos máis grandes honores civís e relixiosos.
A linguaxe non-androcéntrica ten por obxectivo principal non tanto modificar os comportamentos mediante o traslado mecánico dunha mudanza dos usos lingüísticos, como se dunha "novilingua" orweliana se tratase, senón tornar patentes os usos enquistados e os valores que transmiten para se falar deles, debatelos, desafialos e, en última instancia, mudalos.
Como novidade agardada para este comezo de ano, a Xunta ataca de novo -por vía de urxencia, para non perder tempo- un piar dos servizos básicos: a privatización das escolas infantís de titularidade do Consorcio Galego de Servizos Sociais que se van inaugurar este ano. A primeira será a de Monteporreiro, en Pontevedra, seguida das de Betanzos e Carballo; logo o resto, até 17 previstas. Para complementar esta medida "social", a Xunta anuncia unha importante suba nas tarifas, de até un 45% na atención educativa e un 112% polo servizo de comedor.
Vivimos, na maior parte do planeta, nun sistema económico e político de verticalismo con poder impositivo desenfreado. O poder económico imponse ao político. As autodeclaradas democracias non son tales; sérvense de formas aparentemente horizontais para exercer a tiranía duns poucos enriquecidos sobre as multitudes de desposuídos...
Guennadi Gatilov reiterou a oposição do Kremlin a qualquer texto que abra possibilidade a uma intervenção militar.
Amosan a realidade da política de conservación que está a perpetrar a Xunta: improvisación, incompetencia, ocultación...
Galiza Nova combateu a acción política do goberno da Xunta presidido por Fraga
O paro subiu en 36.900 persoas na Galiza en 2011. Medrou no último trimestre un 6,1%, en relación ao anterior trimestre
Ao remate da manifestación convocada pola CIG denunciouse a falta de vontade política para salvar unha industria básica
Orzamentaria esta orde impide a realización de actividades de normalización durante todo o primeiro trimestre de curso
Os máis de 35 anos de actividade de ADEGA van parellos aos da historia da Educación Ambiental (EA)...
As sancións incrementarán o prezo do petróleo no mercado internacional
Comeza a Xira Surreal. A primeira parada será no Mosteiro de Carboeiro o vindeiro xoves 2 de febreiro ás 20:30 horas
Celébrase os días 26 e 27 en Lisboa e contará coa presenza do Secretario Xeral da CIG Suso Seixo.
Rejeitaram as medidas propostas pelo presidente Nicolas Sarkozy, e denunciaram que não combate o desemprego.
25-01-2012
Queimara todos os recursos: os aldraxes contra os nacionalistas, contar chistes nas Cortes, ir de entrevistado a programas de humor, renovar por idade o que il mesmo chamaba "o goberno na sombra". O voto non daba chegado. "O xefe é o mellor, pero non o votan porque mete medo", dicían os seus.
Podemos quedarnos simplemente co perfil que constrúen os medios de comunicación dunha persoa ou dun colectivo? Son os comentarios que proliferan na rede elementos a termos en conta á hora de formarnos unha opinión sobre un feito concreto? O certo é que, como na novela do sudafricano, a través dos medios de comunicación e das redes sociais vaise creando un determinado clima, un contexto que acaba por intervir nos acontecementos, influíndo nas reflexións de quen ten que decidir.
25-01-2012
Neste significativo tempo crise, no que tanto se fala de refundacións, compre tamén redefinir a cultura, volver a súa orixe, ó que o ser humano cultiva para resolver a vida e as relacións. A cultura é un recurso, a cultura é marca, distinción da personalidade dun pobo e dos seus individuos, pero tamén enferma por presión imperativa: degrádase entre diglosia, dialectalización idiomática, anomia, acultúrase en feismos físicos e psíquicos, afectada por interesados virus infecciosos, para dividir a convivencia, ó medioambente, escravizar e marcar dependencias doutros agudos oportunistas salteadores de camiños posmodernos.
24-01-2012
A crise tamén chega aos centros de arte contemporáneo. Neste contexto o CGAC anuncia a posibilidade de cobrar a entrada pensando non afogar definitivamente na crise. Mais os problemas deste centro veñen de moito atrás, veñen mesmo desde os seus comezos, e a crise está facendo aboiar as súas debilidades. Parafraseando ao seu director diremos que ten un problema de visibilidade.
26-01-2012
O borrador da Lei de Caza, define aos cazadores/as como titulares dos dereitos cinexéticos, cando os titulares de este dereito, son os titulares das terras. Os cazadores/as son beneficiarios dos aproveitamento cinexéticos, no caso de que lles sexan cedidos polos titulares das terras. O sr. Samuel Juarez, antes de marchar, entrégalle unha "peza" aos cazadores/as: a usurpación de un dereito da veciñanza comuneira.
24-01-2012
Subir os impostos en atribuídos directamente ao IRPF pode parecer unha medida progresiva, incluso socialmente xusta, máis non deixa de ser un brinde ao sol que resolve pouco en termos económicos ou monetarios e nada en termos políticos ou de estratexia futura. Evidentemente a suba no IVE sería peor, pero non por iso debemos vangloriar as medias verdades. Esta suba no mencionado IRPF que, supostamente, estará estratificado en función dos tramos de ingresos ou rendementos, fai constar que a crise ímola pagar todos os que non a creamos.
11-01-2012
A nosa visión «tarzanesca» (onde todo o mundo está para que nos obedeza) das relacións internacionais, simplista, manipulada e desexosa de ser manipulada fai que pouco ou nada saibamos sobre a verdade e mentira do que acontece en Corea do Norte.
16-01-2012
A marcha foi un acto de civismo colectivo, civismo que non se rompeu sequera coas provocacións que antes dixemos, e os únicos lemas que se corearon foron Presoak kalera, amnistia osoa (Presos a rúa, amnistía xeral), Euskal presoak etxera (Presos vascos a casa) e a canción de Nadal Hator hator (Ven, ven), que non estaban censurados pola Audiencia Nacional.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#bautistaalvarez#code#org